Map Graph

Torre Colpatria

A Torre Colpatria é un rañaceos que se atopa na cidade de Bogotá, na zona norte do barrio Las Nieves. A súa zona comercial constitúe unha prolongación do Centro Internacional da cidade. Cos seus 50 pisos, é o segundo edificio máis alto da cidade así como unha das súas iconas. Foi rematado en 1979 e ten unha altura de 196 m. Nela atópanse as oficinas de diversas compañías, entre as cales están as empresas do Grupo Colpatria, propietario da torre. Na súa azotea hai un miradoiro para apreciar gran parte da cidade e da sabana de Bogotá. En 1998, instaláronse trinta e seis luces de xenon, que a finais de 2012 foron substituídas con luces de tecnoloxía LED.

Read article
Ficheiro:Colpatria_desde_la_cra_7.JPGFicheiro:Centro_internacional.JPG